![]() |
![]() |
![]() |
||
| A
Confraría de Jesús Nazareno e Soidade Da nosa Señora,
fundada o día 20 de maio do ano 1958, é a organizadora das
nove procesións de Semana Santa que se celebra en Ares. Conta cunha
longa tradicion e raizame popular, acaso sexa a máis antiga da Bisbarra
como o demostran numerosos testemuños que no Arquivo Municipal se
conservan. Unha das primeiras noticias que se teñen no Arquivo sobre
a Semana Santa data de 1654. Os actos da Semana Santa en Ares son sinxelos
pero entrañables. O Encontro está cheo de sinxeleza, de encanto e de sinceridade crente, sen pompa e sen boato. O acto de maior relevancia quizais sexa o VIA CRUCIS, da madrugada do Venres Santo. Percorre as tranquilas rúas da vila, parando ante as cruces postas nas paredes das casas, recordando as estacións e o percorrido da Vía Dolorosa. Paga a pena madrugar un pouco e participar nesta celebración da Paixón Do noso Señor Xesucristo. Web: www.nazarenoysoledad.com |
||