 |
Hai
4 anos, un grupo de habituais do bar O Emigrante de Limodre, tivo a idea
de "picar" aos seus veciños de Redes, secuestrando un
dos emblemas dese excepcional porto interior, o camareiro da Pousada do
Mariñeiro, Emiliano.
Dende aquel primeiro ataque por terra, e, sobre todo, por mar, para o
cal os veciños válense de canta embarcación lixeira
poida percorrer a escasa distancia que separa a praia de Rio Castro do
porto aresano de Redes, as pelexas entre ambos os dous bandos véñense
repetindo o primeiro e cuarto sábado de agosto, tinguindo así
de humor un ambiente lúdico que implica a maiores e pequenos, cada
vez en máis número.
Os organizadores daquel primeiro secuestro non podían imaxinar
que a cousa iría a máis, ata o punto de que nos 2 ultimos
anos, se implicarón ademais do Concello de Ares e de Fene, diversas
institucións da Xunta de Galicia.
O número de inscritos aumenta cada ano, e así nas 2 últimas
edicións máis de 600 persoas tomaron parte na festa, que
co pagamento de 12 euros, reciben unha camiseta conmemorativa, un aperitivo
na praia de Río Castro e o convite a unha churrascada que se realiza
en Redes xa pola noite, logo do fragor da batalla mariña entre
os viquingos de Río Castro e os Piratas de Redes. Logo da churrascada,
hai música e premios ás mellores embarcacións participantes
e aos mellores disfraces piratas, o premio por suposto moedas de euro,
gardadas, como non, en vellos cofres de pirata.
Esta canallada festiva, que comezou como unha broma entre amigos, vai
camiño de converterse nunha das citas máis atractivas dentro
do calendario de ocio de Ferrolterra.
Fonte:
Diario de Ferrol
|
 |