![]() |
![]() |
![]() |
||
| Bendición
de bolos: En Lubre, "o Domingo de Pascua", celébrase
a tradicional Bendición de Bolos. Festa de San Xosé: 1 de maio, patrón da parroquia. San Pedro: Cervás, 29 de xuño. Romaxe de San Antonio: Ten lugar en Seselle durante a primeira quincena de xullo. Festas de San Roque: Ten lugar o domingo máis próximo ao 16 de agosto. Festas da Asunción: Celébrase en Lubre o 15 de agosto. Festas do Mar: Teñen lugar o 20, 21 e 22 de agosto. Realízase unha procesión marítima. A Nosa Sra. da Mercede: Na ermida de Nosa Señora de Chanteiro (Cervás). Celébrase unha popular romaxe o 24 de setembro, festa local no municipio. A romaxe consiste nunha misa e nunha festa con comida popular no campo da Igrexa de Chanteiro. Ascensión de Santa Olalla de Lubre: 10 de decembro, é tamén unha festa moi concorrida, na que se saca do templo a figura da Virxe. |
||