 |
O
Carnaval ou "Entroido", é momento de festa, diversión
e liberación, celebramos o final do inverno para dar paso ao bo tempo.
En Ares, o carnaval celébrese sobre todo o domingo e o mércores,
(festivo na localidade). O domingo hai pasaruas, desfiles de comparsas,
actuacións no escenario, e concurso de disfraces para todas as idades.
O mércores é o día dos "Entroidos", carrozas
temáticas, que despois de desfilar por toda a vila, e de participar
no concurso de "Mellor Entroido", son queimados na praia ao final
do día, acompañados polo xentío e os lumes artificiais.
Por suposto non podían faltar o chocolate quente e as orellas típicas
destas datas para degustar para todo o que queira.
|
 |